Accesibilidade Web

Introdución

Aena, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento, pon ao alcance dos seus usuarios unha canle de comunicación práctica e accesible a todos, co que pretende suprimir barreiras, logrando mellorar a presenza da súa web na rede segundo os criterios de máxima simplicidade, alcance e eficacia, de tal maneira que se poida difundir a información e os servizos ofrecidos a calquera persoa que queira consultalos.

Accesibilidade

Esta acción alíñase coas directrices da Resolución do Consello da Unión Europea do 25 de marzo de 2002, sobre o Plan de acción E-Europe 2002, "Accesibilidade dos espazos públicos e dos seus contidos", cumpre as disposicións da Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, do 11 de xullo de 2002 e segue as indicacións da "Guía para a edición e publicación das páxinas web da Administración Xeral do Estado".

Pautas WAI

Certificación WAI-AA de accesibilidade

Neste sentido, os contidos da web de Aena foron validados coa certificación Dobre A, segundo as recomendacións indicadas pola WAI (Web Accessibility Iniciative), grupo de traballo internacional pertencente ao W3C (World Wide Web Consortium) que vela porque ningún colectivo sufra discriminacións de ningún tipo que poidan ser causa de fracturas sociais no mundo virtual. Neste sentido, as técnicas empregadas no portal de Aena encaixan co que a WAI indica, tanto para o marcado XHML coma para o CSS.

Hyper Text Markup Language Cascading Style Sheets

Certificacións Externas

Para lograr este obxectivo de facilitar o acceso a todas as persoas, contamos coa colaboración de dúas organizacións externas a Aena, encargadas de certificar o cumprimento das pautas WAI do W3C a nivel de Validación Dobre A.

Technosite

Selo Technosite AA Selo Euracert AA

Technosite, empresa pertencente á Fundación ONCE, acredita que:
Con data 10/10/2007 realizouse unha auditoría da web de Aena, no seu sitio http://http://www.aena.es.

O resultado da auditoría satisfai os requisitos de accesibilidade de Nivel Dobre-A das directrices de accesibilidade para o contido web 1.0 do W3C-WAI, coas seguintes excepcións:

Cartografía, Estatística, O Tempo (versión inglés) e As Tendas do Aeroporto.

Ademais, gran parte dos documentos en formato PDF do sitio web de Aena anteriores á data desta certificación non cumpren cos requisitos básicos de accesibilidade.

Coa emisión deste certificado, Aena comprométese a ofrecer os documentos de forma accesible a aqueles usuarios que o soliciten.

King-eClient

Selo King-eClient AA

King-eClient, utilizando a metodoloxía King-eAccess, certificou a web http://www.aena.es como accesible en nivel AA segundo as pautas da WAI. Este punto leva consigo o cumprimento de todas as Pautas de Prioridade 2 permitindo o acceso e a navegación de calquera usuario pola web. A colaboración entre King-eClient e Aena enmárcase dentro do proceso de construción dunha web para todos. Nel creouse un acceso global á web, sen barreiras para ninguén e unificando os mesmos contidos para todos os usuarios. Para outorgar este certificado, King-eClient analizou as páxinas de http://www.aena.es durante a súa realización e propuxo as correccións necesarias ás incidencias detectadas que facían referencia ao acceso á web por parte de todos os usuarios. Unha vez corrixidas as barreiras certificouse a accesibilidade da web a 9 de outubro de 2007.

Contacto

Na actualidade estamos a traballar para mellorar a accesibilidade en todas as páxinas do portal. Se observa algunha anomalía, non teña reparo en poñerse en contacto connosco mediante enderezo de correo electrónico:
webpublica@aena.es